"Como acendida lámpara en estreito
pechado camarín,
así n-o santuário do meu peito
arde unha lus sin fin.
Cando a súa llama gunizando lenta
boquea e vai morrer,
Sopro de fé seu pábilo alimenta
e vólvese acender.
Mais do meu peito na sinistra calma
non hai altares...Ah!
A lámpara do tempro d'a miña alma,
a quén alumará?...
Si algún topás, viaxeiros desta vida,
en que creades vós,
poñeino ante esta lámpara acendida,
que está esperando un Dios!"
Manuel Curros Enríquez, Aires da miña terra, ed. Pedro Dono López, Vigo: A Nosa Terra/Promocións Culturais Galegas, s.d., p. 117.
No comments:
Post a Comment